Un bar con ingenio
Hai
que buscar a felicidade nos pequenos detalles que nos suceden todos
os días.
Cousas
ás veces insignificantes pero que nos fan rir e alégrannos o día
Como
o que me pasou a min a semana pasada, fun levar á miña cuñada a
Ourense ao hospital a unha revisión e despois de estar a dar unha
chea de voltas co coche para aparcar e despois dun bo intre esperando
na consulta.
Chego
a hora de irnos, cando iamos para onde estaba o coche, decidimos
entrar nun bar pequeno que hai mesmo á beira do hospital, para
tomarnos un café.
Entramos
e sen dicir nada pedimos un cortado, un café só e un con leite.
A
miña cuñada sácolle unha foto ao seu café con leite porque o
camareiro fíxose un debuxo guapísimo co leite.
Mentres
eu tomábame o cortado ocorréuseme mirar para a parede de en fronte
e atópome cun cartel que pon.
Café
con bos días: 1 €
Café
sen bos días: 1,10 €
Quédeme
alucinado e nese momento entro o camareiro e eu díxenlle bos días
que antes non me acorde de dalos e o contéstome agora xa non vale.
Por
suposto que era todo broma pois só cóbrome 1 € por cada café
pero grazas ao enxeño do camareiro xa nos botamos unhas risas e
alégrollenos a mañá.
Pero
esta anécdota ten unha mensaxe e é que non custa nada ter bos
modais e saudar cando entramos, chegamos, cruzámonos ou vemos a
alguén. Uns bos días, boas tardes ou boas noites non custa nada
dicilo.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión