A zorra i a vaca
«A
zorra i-a vaca»
Unha vez viña unha vaca da feira da Gudiña, soliña de á feito, porque coma estaba parida escaparáselle ó amo.
Unha zorra i on lobo vírona pasar, e cueso díxolle a zorra ó lobo:
–Ai compadre!, vamos a comer esa vaca.
–Osté ben fala, comadre. Eu de boa gana lle ferraba os dentes, mais mire que cueses cornos tan aguzados que ten é capaz de escornarnos...
–Osté é un medroco. Xa verá coma eu sola podio cuela. Heille saltar ós cornos; despois heille desatar a corda que trai arrodillada á cabeza; préndoa ón rebolo; e despois heina comer de cabo de rabo.
Foi a zorra e saltoulle á cabeza á vaca e púxose a desatar a corda, pro coma a vaca non estaba queda enzurribillouse de tal xeito que quedou alí enganchada e non se podía baixar.
Entonces berroulle o lobo:
–Comadre, déixese desas porfías!
–Que porfías nin pataratas! –respondeu a raposa– Se a corda non creba ou non se desata hei de ir á casa do dono da vaca.
I así foi. A vaca botou a fuxir cua zorra na cabeza, i o chegar ó curral esmagouna contra unha parede.
Carracedo-A
Veiga, Ourense. «A
zorra i-a vaca»
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión