Traductor

O home lobo de Viana do Bolo


O home lobo de Viana do Bolo

Trata dun mozo que nunha ocasión estaba a cortar molime en compañía do seu pai e, chegado o mediodía, sentaron a comer un anaco de pan, mentres dicía o fillo:

- Ou que eu comía de boa gaña a tal hora era un anaco de carne, ou pan seco non entra ben.

Ao que o pai contestou:

- Nunca falto de carne che vexas. Aínda lobo dá xente che volvas, para que nunca che falte.

Aquel mesmo día desapareceu. A comarca enteira empezou a arrepiarse debido ao gran número de vítimas que se comeu. Adoitaba verse en forma humana. Nunha ocasión, viuse como se revolcaba na bosta dunha vaca, coa intención de transformarse en lobo e devorar unha nena. Xusto chegou o pai da nova e preguntoulle que estaba a facer, ao que o home lobo de Viana do Bolo respondeulle:

- Buscando unha agulla que me caeu.

Cando o pai da nena empezou a irse, o home lobo de Viana do Bolo dixo:

- Sorte tiveches vir hoxe por aquí, porque ía comerme á túa filla.

Noutra ocasión que tamén estaba en forma humana, a fame e o frío obrigárono a pedir amparo en casa dun amigo de Seoane (Viana do Bolo) quen, de moi mala gana deixouno entrar na súa casa nunha fría noite de inverno, para que se quentase e comese.

Pasaban as horas e non se ía da casa, polo que o temor do amigo ía en aumento, xa que non facía caso aos rogos e razóns para que marchase, polo que se vió na necesidade de botalo á forza e pechando a porta en canto pasou a soleira da casa. Isto salvouno dunha morte segura, pois no mesmo momento transformouse en lobo, rabuñando a porta en tentando tirala abaixo.


Por fin matárono cando estaba en forma humana. Para iso agardárono na ponte, logo de preparar unha pedra e unha corda cun nó corredizo. Botáronlle a corda ao pescozo cando ía pasar a ponte e tirárono ao río, onde acabou afogándose. 

Esta lenda pasaroma por email pero non podo por de que es porque non me puso o nome, Grazas de todas formas

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total