Sempre Xonxa (Charo Piñeiro)
Sempre Xonxa é unha longametraxe dirixida por Chano Piñeiro e estreado o 25 de novembro de 1989. Foi a primeira longametraxe galega rodado en 35 mm e xunto con Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental, de Xavier Villaverde, a honra de ser unha das primeiras películas de ficción galega.
Argumento
Sempre Xonxa é unha película sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas, que viven plácidamente na mesma aldea, están platónicamente namorados de Xonxa. Un deles, O Birutas, ten que emigrar, deixando a Xonxa e Pancho na aldea. Cando este regresa da emigración, convertido nun home rico, descobre que Xonxa e Pancho casáronse.
Caracteristicas
A
historia abarca o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en
catro episodios, cada un vinculado a unha estación do ano. A
primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á
madurez e á forzada emigración, e o inverno á vellez e ao regreso.
Trátase
dunha película realista, aínda que pode considerarse enmarcada
dentro do realismo máxico propio de Álvaro Cunqueiro, destacando
neste sentido ao personaxe de Caladiño, que se relaciona coa Galicia
máxica e lendaria dos contos populares. Na primeira parte do filme,
aparece retratado o mundo da aldea galega durante o franquismo, do
mesmo xeito que xa fixera Chano Piñeiro en Mamasunción.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión