Traductor

Acordo no pleno en Viana

Viana aprueba en el pleno ceder un tramo de estrada a Deputación

O tramo que se pretende ceder ten pouco máis dun quilómetro de lonxitude e non é o único que o Concello pretende que asuma a Deputación Provincial
A Corporación municipal de Viana, que preside o nacionalista Secundino Fernández Fernández, deu luz verde á cesión dun tramo de estrada. Trátase da estrada de titularidade municipal que enlaza a OU-533 (A Gudiña-A Rúa) e a provincial OU-0904 (Solbeira-Pixeiros).

O tramo que se pretende ceder ten pouco máis dun quilómetro de lonxitude e non é o único que o Concello pretende que asuma a Deputación Provincial. O segundo, que non foi ao pleno, é de propiedade de Endesa, ten aproximadamente 15 quilómetros e comunica Viana con Porto (Zamora).

A cesión do tramo de estrada foi debatida nun pleno, no que o concelleiro do PSdeG-PSOE, Jesús Salgado Álvarez, apoiou todas as propostas do equipo de goberno do BNG, que dirixe Secundino Fernández Fernández, todo o contrario que sucedeu co PP.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total