Traductor

Estibaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 6 de xullo de 1974) é unha escritora galega. Está licenciada en Sociología e en Filoloxía Hispánica.

Obra poética
Como poeta deuse a coñecer con Mecánica Zeleste (1999). Posteriormente obtivo o Premio Esquío con Pan (libro de ler e desler) (2000). Segue ese reto en -orama (Col. Tambo, 2002), cuxo título é un xogo de palabras co da súa obra anterior. Neste conxunto de textos hai referencias ao cinema, ao xogo humano e ao espazo exterior. Mostra influencias moi variadas, desde científicas ata provenientes das artes plásticas, dos contos de fadas, do debuxo, da música, da matemática ou da astronomía. Unha sección de -orama recibiu o Premio Díaz Xácome de Novos Creadores en 2001. Número e (Premio Espiral Maior 2001) pecha ese primeiro ciclo, con textos que aluden aos números, á perda da identidade e á cibernética.


Internet
Na rede é responsable dos blogues ...mmmm..., […] e Abra a cápsula, por favor. Experimenta con ambientacións sonoras, canto e ruidismo. Ten gravados audiopoemas [Instituto Cervantes de Nova York, O Gaviero, 2005] e podcasts (1º premio de Podcasts Poético-Artísticos do Concello de Tarragona, 2006).

Outros ámbitos
Codirigió y presentó Ulalume, un programa de cuentacuentos en la radio comunitaria Cuac FM desde 1996 hasta 2001. Tiene obras traducida al alemán, ruso, castellano, inglés e italiano. Publica textos en Babelia (El País) y en el suplemento cultural ABC. Participa en numerosas revistas de ámbito nacional e internacional: Salamandria, müsu, Compostelán, Madrygal, Çopyright, O ollo público, Alhucema, Cooltural Galicia, Serta, La Caleta, A Xanela, Casa da Gramática, Idearia, etc.

Obra individual publicada
Publicó los siguientes libros de poemas en galego:
  • Pan (libro de ler e desler). Premio Esquío, 1999. (Col. Esquío,2000)
  • -orama  col. Tambo, 2002)
  • Número e. Premio Espiral Maior de Poesía 2001. (Espiral Maior, 2004)
  • Zoommm. Textos biónicos. A Regueifa Plataforma
Antoloxías
  • Das sonorosas cordas (Eneida, 2005)
  • Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2001)
  • Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000
Volúmenes colectivos
  • Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005)
  • O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002)
  • Os gozos e as sombras (2005)
  • Negra Sombra
  • La paz y la palabra
  • Alma de beiramar
  • Sprache is talles... (Ed. Klett-Cotta, Stuttgart)
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
  • O trazo aberto. poemas e debuxos (2002)
  • Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002)
  • V Forxa literaria
  • Son de poesía (2005)
  • Por man propia (2006)
  • Lume (2005)
  • Catálogo do Segundo Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2005)
Poesia
Comería a túa alma
coma quen come un ovo
doce
novo
perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.

Pinga d´ouro
mandorla
comería a túa alma sen casca
a túa alma sen culleres
sen caducidade.

Eterno almorzo da nenez de aldea.


Sen saber e sen querer saber 
as nigromancias da tersura
qué escuro demo agocha
nin milagreiro sabor
sen chegar a adiviñar sequera
qué foi antes:
a túa alma
ou a galiña. 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total