Cantiga popular, Nieves Fernandez Vidueira
Con musica dunha cantiga popular.(non chas quero,non chas quero...)
onde estiben a mondare,
onde se perdeu un fado
que a Navia vai a buscare.
E busca unha ra
e non atopou,
non sei que fará
cando eu non estou.(bis)²
E busca unha ra
e non atopou.
A poza estaba mediada
a fonte non estiou,
ando eu algo anoxada
porque a iauga me alodou.
E busca na iauga
a ra que saltou,
namentras bebía
cantou e cantou.(bis)²
e busca na iauga
a ra que saltou.
Xa non podo eu bebere
a iauga daquela fonte,
por causa de se metere
a Navia perdendo o norte.
E furga que furga
e non atopou,
armou unha murga
e cansa marchou(bis)²
e furga que furga
e non atopou.
Nieves Fernández Vidueira
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión