Traductor

A Zorra e o galo





Era un zorra ie un galo E nesto… As zorras son… Xa o que lle puxo
«zorra» xa llo puxo porque é moi lista

E nesto o galo estaba tomando o sol nunha peña no río; i a zorra viuno
e foi agachadiña, agachadiña pola orilla do río, e ó chegar deu un salto e
colleu o galo. Ie o galo dixo «cómo farei ahora pra escapar». E dixo:

–Oíches, ho!

Díxolle:

–Que?

–A que non dices «xiou!»

E díxolle:

–Xiou!

–Non, home, non «xiouu!»

–Xiouu!

–Non, home, non, dice «xiouuuuu!»

E tanto abriu a boca que o galo escapou e foise subir á cima dun árbol.
I o galo desde aló ponse:

–Un galo, galuxo, nunca se viu en tal garabuxo!

I ela díxolle:

–Ay, a esta vieja potente, otra no le escapará del vientre!


«A zorra e o galo» A Gudiña;Meaus; Viana do Bolo

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total