Traductor

Reunión creación comisión de festa 2016



Hoxe había no concello unha reunión para crear unha comisión de festas, para as festas de Viana do Bolo.

Á o reunión acudiron tres persoas xunto co Alcalde Secundino e a Secretaria Graciela e o tenente alcalde Jose Antonio.
É notoria a despreocupación dos veciños de Viana polas súas festa, na miña humilde opinión creo que é mellor colaborar que criticar.

A función da comisión é achegar ideas, para entre todos montar as festas o mellor posible,
Dannos a oportunidade de montar as festas entre a xente e o concello e pasamos.

Por iso desde esta revista atreveríame a pedirvos aos veciños de Viana que colaborásedes non só a nivel económico se non achegando ideas, para entre todos facer unhas festas das que esteamos todos orgullosos.

Ao final na comisión apuntáronse catro persoas, Christian, Delfín que xa estiveron o ano pasado e Marian e Roman.

Se algún mais queredes apuntarvos poñervos en contacto con Graciela.


Xa vos irei informando desde a revista das novidades que haxa  

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total