Traductor

Páramo Pictures "Veciños"


Páramo Pictures lanza unha serie na internet

Os rapaces lugueses que arrasan na internet coas súas parodias musicais lanzan unha serie de ficción sobre o rural galego. Traballan baixo o nome de Páramo Pictures e veñen avalados por éxitos anteriores: 'A Bertolina', a súa parodia do tema Adrenalina do mundial do Brasil, conseguiu o millón e medio de visitas.

'Veciños', un retrato do rural galego a través dos ollos dun mozo que regresa á aldea dos seus avós, é o novo proxecto de Paramo Pictures. Iván é un dos tres pés desta compañía que arrasa na internet coas súas parodias musicais. 'A Bertolina', parodia de Adrenalina, un dos temas do mundial do Brasil, chegou ao millón e medio de visitas.

"Coa Bertolina non, foi unha sorpresa. E as outras tamén un pouco, non estamos acostumados e tampouco colgaramos nunca un video en Youtube nin nada".

A súa primeira incursión audiovisual foi 'Fertimón' imitando a controvertida Miley Cyrus. Hoxe xa contan co seu propio club de fans con máis de 7.000 membros, entre eles moitos dos veciños e amigos que colaboran nos seus vídeos.

"Temos a cámara e pouco máis a luz do sol, é o que hai, e bueno recursos os amigos e familiares que nos axudan".


'O fillo da Ermitas' é o primeiro episodio desta serie que xa se pode ver en internet.

VER VÍDEOS

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total