Traductor

Evitar a obesidade na infancia

¿Sabedes o que é o plan Xernola?, habeis visto carteis do plan nos centros de saúde, é un plan que esta enfocado a previr a obesidade infantil, dando unhas pautas necesarias para previlo ou curalo.

Se chegou a esta necesidade despois de ver.

O 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que non é alleo tampouco á poboación adulta. Previr e evitar as consecuencias do exceso de peso é o obxectivo do Plan Xermola orientado a previr a obesidade infantil e xuvenil, que mañá aproba o Consello da Xunta.

Este sobrepeso na infancia e a mocidade poden ser problemas de adulto, hipertensión, diabetes, problemas circulatorios, problemas na columna, problemas nos xeonllos, infartos,etc…

Nestes carteis se vos fixastes ponvos unha serie de comidas saudables que debedes incluír na vosa dieta, iso xunto cun pouco de exercicio diario de media hora a unha hora, facer as cinco comidas ao día comendo a cantidade de alimentos, que o noso corpo necesita, a que de verdade necesita, non comer por gula ou capricho se non comer moderadamente, xunto con beber dous litros ou mais de auga diarios e respirar adecuadamente, non como facemos a maioría se non como se debe facer, estou axudásenos a equilibrarnos. De todos os xeitos antes de facer dietas ou calquera cambio que pode afectar á nosa saúde consultar co medico.

Dígovos o da respiración porque aínda que vos pareza unha bobada é moi importante, hai unha serie de pautas e hábitos, que melloran moito nosa calidade de vida.
Como respiramos, o que bebemos, o que comemos, rendo comémolo e como o comemos, inflúennos no noso corpo e mente, nós podemos previr as depresións e algunhas das enfermidades simplemente levando unha vida sa e equilibrada.

Cousas que tamén axudan moito é algunhas terapias como o ioga, a meditación, ademas isto ultimo podes aprender a facelo e facelo a túa mesmo en casa.

Se algún estas interesade@s nos beneficios da respiración ou en técnicas de meditación e concentración, deixarme unha mensaxe co voso nome e email. E mandarvos por correo algunha documentación sobre estes temas, de todos os xeitos na pagina de saúde e beleza irei deixando artigos sobre estes temas.
Plan Xernola

Énchete de saúde cos alimentos
Aquí atoparás moitos alimentos con ingredientes que che axudarán a
manter un axeitado funcionamento dos seguintes órganos e sistemas!
Corazon e circulación
Peixes, vexetais
(principalmente os de
folla verde), legumes,
noces, cereais integrais,
froitas como kiwis ou
mandarinas e lácteos
Cerebro
Peixes, vexetais
de folla verde, cereais
integrais, ovos, lácteos
e legumes
Ollos
Vexetais como
cenoria, pemento,
espinacas e coles, e
froitas como laranxa e
uvas
Envellecemento saudable
Peixes e mariscos, carnes
magras, lácteos e cereais, alimentos
ricos en antioxidantes naturais como
tomate, cenoria, espinaca, coliflor, froita
vermella, mazá e kiwi e a exposición
habitual e adecuada á luz solar

Aparato dixestivo
Cereais integrais,
verduras, hortalizas,
froitas e iogures
Sistema inmune
Carnes, mariscos,
ovos, lácteos, noces,
legumes e cereais
Próstata
Tomate, aceites
vexetais, froitas como
sandía e pomelo, peixes,
mariscos e ovos
Sistema musculoesquelético
Alimentos ricos en calcio e
vitamina D (lácteos, peixes e mariscos,
ovos, vexetais de folla verde, coles,
brócoli e espárragos), carnes magras,
legumes e a exposición habitual e
adecuada á luz solar
Prostata
Tomate, aceites
vexetais, froitas como
sandía e pomelo, peixes,
mariscos e ovos

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total