Romeria Pai Eterno
O día 22 de maio celébrase a romaría do Pai Eterno cunha solemne misa ás 13:00 e unha novena ás 22:00.
Habra polbo, empanada
Xogo de birlos e coa actuación do grupo Xoldra.
Esta romaría celébrase todos os anos e acode moita xente, póñense postos de polbo, roscas, rosquillas hai cantina e moita xente acode de merenda.
Celébrase unha misa e unha procesión ao redor da igrexa déixanse os santos nunha chaira pola parte de atrás da igrexa e celébrase alí a misa, os sacerdotes están nunha galería que hai para ese propósito.
Hai unha historia que di que se compras unha rosca e pásala polo manto do Pai Eterno e despois lévala para casa, esa rosca permanecerá sen podrecer, poñerase dura pero non podrecerá
Hai outra tradición que é dar nove voltas ao redor do santo rezando un padrenuestro en cada unha e o santo concederanos o desexo que lle pidamos
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión