Nacemento das rias galegas
Unha
lenda preciosa de como naceron as rías galegas
Como
naceron as rías de Galicia
Nun
primeiro momento, Deus esqueceuse de crear as rías e as illas de
Galicia e de non ser por un accidente, que enseguida vos conto, hoxe
non existirían.
No
sétimo día da Creación, O Señor, exhausto tras seis intensísimas
xornadas de traballo, descansaba tranquilamente sentado sobre o cume
do monte Santa Tegra.
Ao
seu ao redor, quedaban moitos cascallos e, como chovera intensamente,
o chan converteuse nunha lameira intransitable.
Foi
entón cando se escurrió do seu asento e para non perder totalmente
o equilibrio O Creador apoiou a súa man dereita sobre o lodo. Deste
xeito,os
cinco dedos da man de Deus gravaron sobre aquel campo de lodo cinco
profundas hendiduras, que, ao retirar a súa enorme man, foron
ocupadas inmediatamente pola auga do océano.
Aquelas
canles cheas de auga son os que configuraron as cinco rías galegas:
a ría de Vigo, a de Pontevedra, a de Arousa, a de Muros e Noia, e a
de Corcubión e Cee.
Pero,
ademais, sacudiu de tal maneira a outra man que se lle quedou
embarrada que de entre os seus enormes dedos saíron disparadas bólas
de lodo que aterraron aquí e alá, dispersas caprichosamente no mar,
dando lugar ás hermosísimas illas
de Galicia: Cíes, Arousa, Sálvora, Cortegada, Ons, Sisargas,
Oncela, Tambo, Sagres, San Vicente, Gabeiras, Coelleira, Toraia?
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión