Traductor

Pilar Cibreiro

PILAR CIBREIRO
Pilar Cibreiro Santalla, nada en 1952 en Vilaboa (Valdoviño), é unha escritora galega.
Traxectoria
Pasou a súa mocidade en Madrid, onde comezou a súa andaina como escritora, facendo algunha escapada a Londres e Barcelona. En 1998 retornou á súa terra.
Algúns dos seus contos forman parte de antoloxías seleccionadas para o estudo do español, coma Días de lluvia no Reino Unido e Santalla el escapado en Alemaña.



O seu conto “Días de lluvia” foi escollido por Ángeles Encinar para formar parte da súa antoloxía Cuentos de este siglo (Lumen, 1995).
Un dos seus poemas foi seleccionado por Ramón Buenaventura para a súa antoloxía Las diosas blancas. Antología de la joven poesía española escrita por mujeres (Hiperión, 1985, 2ª ed. no 86) con tradución francesa: Les Déesses Blanches (Noël Blandin, 1989). Outro poema, este en galego, “A miña lingua”, forma parte do traballo Pensando nelas.

Obra
Prosa en lingua castelá
  • El cinturón traído de Cuba 1985,
  • Arte de acecho 1990, Alfaguara.
  • El dueño del trigo 2005, Random hause-Mondadori.
Poesía en lingua galega
  • O vasalo da armadura de prata 1987, Sotelo Blanco Edicións.
  • Feitura do lume 1995, Sotelo Blanco Edicións.

POETAS Y POEMAS del CD "Pensando nelas" 


A MIÑA LINGUA 


Falo coa miña lingua irada, 
coa rabia da brétema nos ollos,
coas palabras-farrapos culpantes
de tanto ladroício, coas bágoas,
o ferro, o veneno, a auga turba,
a lama dos pozos sen peitoril nin dono,
a fereza dos cazadores doutrora
-os que amansaban falcós e miñatos-
coa fala dos saqueadores de eirexas,
a lingua maldita dos asasinos,
dos saltadores de camiños,
de tódolos bandoleiros sen perdón
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos cás escorrestados da lareira.
Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada condenado deste mundo,
de cada exiliado da vida. 


II 
Falo a un tempo a fala doce dos amantes, 
falo prós amantes máis que nada
e pra tódolos que, por causa do amor,
sofren e calan a súa desdita.
Falo a fala dos poetas que están mortos,
coas súas mellores palabras,
coa súa palabra esquencida falo,
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos,
coa vella pregalla que levo escrita no sangue
desde hai tanto e que foi inocente un día.  

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total