Traductor

III Festa da Malla Punxeiro 2016

III Festa da Malla en Punxeiro, cun sol de xustiza.

  • Celebrouse hoxe día 6 de agosto a segunda festa da malla de Punxeiro.
  • Á primeira hora da mañá fíxose a seitura.
  • Despois o resto de labores ata a malla.


Esta mañá empezou a festa da malla en Punxeiro, á mañanciña empezaron a segar con fouces, esta edición había algo menos de xente que a primeira edición, sobre todo á primeira hora cando era o momento de segar, recoller a palla, atar os gabelos, facer o palleiro e cargar o carro. Hai que dicir que pegaba o sol con ganas esta mañá, aínda así e todo habería facendo estas faenas de 20 a 30 persoas, falando con algúns deles comentáronme que este ano había menos xente, cádrolles mal, coincidindo con outras festas e cunha voda que se fixo en Penouta.

Desde a leira onde estaban a facer a seitura, trasládeme ata o airá onde ían facer a malla, alí tenia unha cantina, que hoxe co sol que pegaba era de agradecer, unha cervecita ben fresca a esas horas e coa calor sentaba estupendamente. Falando coa cantinera coméntome que aínda non estaba a cousa moi animada pero que esperaba que á hora do vermut arranxásese. Ao pouco intre chego o carro tirado por un tractor, oín á xente que dicía que estaría mais guapo tirado por unha xunta de bueyes ou vacas, polo que dicían fíxose a se porque se ve que os bueyes tiñan que alugalos e custáballes bastante diñeiro. Eu creo que a vontade é o que importa e o carro se sabia que estaba aí, porque cantar cantaba o seu.

Fun baixando para onde facían a comida, alí nun garaxe atopeime coa pulpeira que estaban a preparar un polbo que tenis unha pinta estupenda, dixéronme que estaban á espera de que chegasen os entremeses e a empanada,

De alí ao souto que estaba ao á beira, alí tiñan varias filas de mesas en espera que chegasen os comensais, había un servizo de camareiros, por certo moi eficientes que atendían aos comensais, os organizadores do evento tamén en todo momento estiveron a axudar á organización. Á hora para comer había de 70 a 80 persoas, animáronse mais que para ir facer a sega, alí debaixo dos castiñeiros estábase fabulosamente.

Pola tarde despois de comer facían a malla de dúas formas, cos tradicionais e antigos mallos e cunha maquina algo mais moderna de mallar, amenizado por unha charanga, pero desta parte nin teño fotos nin vos podo falar moito, pois non me puiden quedar.

Hai unha ligazón con moitas fotografías onde podedes velas e descargar as que queirades e unha ligazón a un vídeo do evento.
Ata o próximo ano e haber se a xente anímase mais.



GALERIA DE FOTOS



Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total