Traductor

Comida de Veciños no Castro

Comida de Veciños no Castro, Viana do Bolo

Hoxe celebrouse unha comida de veciños na aldea do Castro, estivo moi concorrido o pobo aínda que por distintas causas algúns veciños non puideron acudir.

Toda a comida preparouse no forno do pobo, restaurado hai pouco, alí fixéronse as empanadas, unha de bonito outra de carne de porco e a outra de carne de tenreira, o pan caseiro. Asáronse dous cordeiros, todo iso acompañado de viño de casa, refrescos prostres a base de torta de queixo e bica o seu café e o seu licor café.

O ambiente foi distendido e de boa veciñanza, pasamos unha velada a gusto e charlando uns con outros ao acabar a comida empezouse a contar anécdotas de tempos atrás.


Algún dos presentes púxolle nome á comida “I Comida do Boi do Castro”, emprazaronse todos a realizar outra para comezos do ano que vén.


GALERÍA DE FOTOS



Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total