Traductor

Estragada a festa de Penouta o segundo día

Estragada a festa de Penouta, debido á tormenta que cayo o 25 pola noite.

  • O 24 a festa desenvolver sen incidencias, acudiu moita xente á misa e á festa.
  • Actuou o 24 a Orquestra Royal
  • O 25 houbo procesión por todo o pobo, acudiu moita xente e á misa tamén.
  • Pola noite actuou o grupo Garibaldi, que foi cando sucederon os feitos.



As festas de Penouta empezaron o día 24 cunha procesión ao redor da igrexa, pola tarde actuou no campo da festa a Orquestra Royal, con moi boa música para bailar a xente maior, o repertorio desta orquestra é de música de baile de sempre o cal agrado á xente maior con ganas de bailar, aínda que a mocidade sobre todo os mais mozos tamén gozaron.

O día 25 empezou cunha procesión por todo o pobo, á cal acudiu bastante xente, ía tocando na procesión unha banda de gaitas e bombos. Ao finalizar a procesión na sesión vermut toco a Charanga Os Bertolini.

Pola tarde tiveron a festa da escuma e inchables gratis durante dúas horas, pola tarde noite empezou a súa actuación o grupo Garibaldi e case cando estaban a piques de acabar o primeiro pase para ir cear, en pouco intre cayo unha tormenta de auga e vento moi forte que ocasiono desfeitas no palco e o seu equipo de música, rompeulles varios órganos, a batería ou partes do escenario.

Por sorte os danos só foron materiais a pesar de que un do equipo sufriu un golpe na cabeza, en todo momento os membros da comisión de festas botáronlle unha man segundo palabras dos membros do grupo.


Foi un lamentable suceso porque iso ocasiono que se tivese que suspender a festa, a xente perdeuse a actuación estupenda deste grupo que ademas ten un show estupendo. A xente tívose que meter debaixo do escenario na carpa da orquestra e na carpa da cantina, tendo que pechar as cortinas dos laterais polo vento que zurraba a auga cara ao interior, en poucos minutos toda a xente púxose empapadisima de auga pola forza coa que caía.



Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total