Traductor

Polemica sobre a Xostra Rock

Opinión sobre o xostra Rock de as Festas de Viana do Bolo

Klarstein - La tienda online de electrodomésticos y productos para el hogar

Como informe aos meus lectores tiven que estar varios días sen escribir por problemas técnicos, nestes días e seguido os comentarios que fixestes sobre as festas de Viana, eu que estiven na comisión de festas pódovos asegurar que se fixeron coa mellor intención do mundo. De todos os xeitos creo que se que houbo fallos e eu persoalmente asúmoos.


Un deles foi a Festa Galega á miña persoalmente pareceume que lle faltaban moitas cousas, quizais demos toda a comisión por feito que ía estar mellor organizado, pois venia avalada pola televisión galega. Para o meu persoalmente fáltolle son, fáltolle luz e o palco era bastante simple, fallo un grupo e a substitución por outro deixo a actuación mais pobre, Quempallou non é o mesmo que o grupo que nos mandaron Tanto nos Ten. Tamén comentar que respecto á xente que lle gusto e que bailaron cos dous grupos, estes non foron tan poucos como dixeron por aí.

En canto a una das polémicas mais gordas que se xerou, a Xostra Rock, respecto e admito que haxa xente que non lle gustou as actuacións do festival rock una das mais polémicas foi a actuación de María José “SES”, pero o que non creo acertado por moito que a cantautora sexa nacionalista e de esquerdas, é descualificala como cantante e como persoa. É unha das artistas boas que temos en Galicia e polo que vexo mais recoñecida fóra que por nós.

A moitísima xente gústanlle as súas cancións, sexa cal for a súa ideoloxía política, non creo que sexa moi intelixente utilizar a música con fins políticos para atacar a grupos políticos que non nos son afíns. Para iso xa estan os partidos.


Eu desde leste articulo emprazaría á xente que lle pareceron horribles estas festas, a que o ano que vén participen o a comisión de festas, así poderán expoñer as súas ideas e criterios, igual entón fanse mellor, todo sempre contando co orzamento que teña o concello, porque non só de festas e bailar viven as persoas hai outras necesidades que apreman mais.

GALERÍA DE FOTOS



Planet-cards.es

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total