Traductor

Susto en Pradocabalos

Sobre as cinco e cuarto o venres día 22 de abril producíase un pequeno incendio no baixo dunha casa de Pradocabalos (viana do Bolo).

Ata o lugar acudiu o grupo de emerxencias da Gudiña.

A casa é dos nosos veciños de Pradocabalos, Luisa E Dani, hoxe falando con Dani en Viana coméntoume que foi un curtocircuíto no baixo pero que foi pouca cousa.

Díxome que tiveron moita sorte ao ser de día, que non sabia que pasase se lles colle pola noite.

Que lles salvo a casa tamén que o baixo no teito ten unha repasado de cemento e iso non permitiu que o lume pasase para arriba.


O mais importante de todo é que só quedo nun susto e todos eles están ben e a súa vivenda non sufriu danos só o baixo.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total