Traductor

Os Skallás



Outro traballo en solitario de Matias unha canción dentro do seu traballo delirios de intramundo, esta chámase Os Skallás

Tema dedicado a os Skallás. Visitantes de verán en pequenas vilas que veñen de grandes cidades e non fan máis que menospreciar sen razón.
A sua frase soe empezar por "Es que allá..."

LETRA:

Chega o mes de agosto e empezan a proliferar.
Invaden nosas ruas e non paran de estorbar.
Como zombies se deslizan, cerebros queren succionar.
Teñen todas as respostas e se atreven a ladrar.

SKALLÁ! a xente non me mira feo.
SKALLÁ! o que merco non vale diñeiro.
SKALLÁ! a xente non ole mal e aqui cheirades todos a bubela untada en bostarega.
SKALLÁ! somos guapos e moito máis listos.
SKALLÁ! as leitugas non veñen con bichos.
SKALLÁ! estamos culturizados e aquí sodes paletos porque todos falades moi raro.

Refrescos e piscolabis queren para merendar.
Isto é unha merda pueblo, non te atrevas a cobrar.
Nos temos moitos cartos pero non queremos gastar.
co seu eterno descontento nunca paran de incordiar.

SKALLÁ! os tractores non ocupan calles.
SKALLÁ! vestimos moito máis elegantes.
SKALLÁ! temos metros para viaxar con vistas máis bonitas que estes montes sin edificar.
SKALLÁ! non fan falta as desbrozadoras.
SKALLÁ! as mulleres son moito máis guapas.
SKALLÁ! non ha merdas polo chan pois temos barrendeiros que lamben o cu ao can.

SKALLÁ! as mulleres teñen máis orgasmos.
SKALLÁ! nosos miembros son moito máis largos.


Material cedido por Matías Diéguez

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total