Traductor

1 Feira do Libro


O sábado 23 de abril San Jordí, día do libro celebrásese en Viana do Bolo a Primeira feira do libro novo e de ocasión a partir das 16:30 na praza Maior


Os beneficios recadados pola venda dos libros de ocasión serán dados a Caritas de Viana e aos refuxiados Sirios coa colaboración do grupo de lactación e crianza de Viana do Bolo

Creo que é unha iniciativa estupenda, o primeiro esta feira do libro que espero que sente precedente e que asista moito publico.

É necesario fomentar a cultura e mais nos tempos de tecnoloxía nos que vivimos, xa que por desgraza a mocidade cada vez le menos libros

E a segunda iniciativa de dar o sacado da venda do libro de segunda man, pois que vos vou a dicir, que temos que o pobo e os concellos estarlle sacando as castañas do lume aos políticos europeos que están a facer verdadeiras atrocidades cos refuxiados.

Por iso todo o que podamos axudarlles sera pouco, pero aínda así achegamos o noso granito de area

Por iso eu animo a que a xente acudamos ese día para achegar o que boamente podamos

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total