Traductor

Os Cuchufellos


Imos dedicar nesta sección de música un articulo a un grupo de aquí preto de nós, eles son de Manzaneda e chámanse Os Cuchufellos. O alcalde de Manzaneda David Rodríguez Estévez, encárgase da guitarra.

E de dicirvos que dentro da miña ignorancia que é moita, que non os coñecía ata que unha persoa de Viana fálome deles, ahi é cando empece a escoitar a súa musica

Os Cuchufellos é unha das máis activas. E activistas: a eles pertence a idea da Rebusca, un festival de música que se celebra, desde hai dous anos e durante un fin de semana de novembro, no Macizo Central Ourensán.


Cuchufellos traen Ritmos electrizantes e pezas cargadas de enerxía positiva ,que transmiten nun directo explosivo,intenso,as veces imprevisible ,que non deixan a ninguen indiferente.

Fusion de ritmos e estilos alleos ,fundidos cos propios da nosa cultura dan como resultado un espectaculo ritmico ,e nos espectadores bailes freneticos aos que poucos se poden resistir.

Mais de 500 concertos as costas ,todos eles convertidos en festas,percorrendo cada recuncho do noso pais.

Teñen participado nos principais festivais da Galiza e alguns de outros paises. Reperkusion, Derrame Rock, Revenidas, Millo verde, Antrospinos , FIMI de Lisboa ,son alguns dos festivais nos que teñen participado.En 2014 presentan o seu ultimo traballo , Arreguizante ,co que foron nominados finalistas nos primeiros premios galegos da música.

Banda de speed-folk, -como eles mesmos gustan de denominar ao seu estilo-, banda multicultural, con influencias musicais moi diversas, como o é a orixe dos seus membros, o que lle imprime un cuño novo á súa música, onde ten cabida dende a música tradicional galega até a balcánica, cunha salientábel presenza e protagonismo dos instrumentos de vento na súa formación, o que achega o seu son ás veces ao das charangas e ao de formacións da caste da
Festicultores Troupe. 

Malia as orixes diversas, o centro neurálxico desta banda é Maceda de Trives, de onde proveñen varios dos seus membros:, Andrés, gaita, Marcos e Fenoy na batería e percusións, e Davide na guitarra eléctrica, aos que se engaden músicos chegados doutras latitudes, coma os galegos Rubén, trompeta, Marcos Neira, saxofón, Telú, voz, e mais o polaco Darek no baixo e o alemán Mathias no laúde eléctrico, para remataren de conformar unha banda anovadora no panorama musical do país.

Articulos sacados do seu pagina web e dunha web de música 







Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total