Traductor

Delirios do Intramundo


Déixovos aquí un novo traballo pero en solitario dunha dos compoñentes de dKona, Matias.
Chamado delirios de intramundo onde atopamos esta canción Paraíso Tropical



Canción sobre as maravillas de Viana do Bolo (Ourense)

Letra:

Nos montes da Galiza interior
entre os ríos Camba e Bibei
atópase unha vila sen lei.

Sua xente é moi peculiar
hai comida e bebida a fartar
nas matanzas, ou despois de vendimar.

Viana do Bolo paraiso tropical
non esquezan visitar.
Deixa a rutina, necesitas desfasar
e aquí temos festa a rachar.

O que busques o vas a atopar,
tranquilidade e naturaleza
e polas noites non te quererás deitar.

Ten o mellor entroido mundial
onde os folións non paran de tocar
e a fariña nunca para de voar.

Nestas datas todo vale, tes que aprender a roullar.
Unha templeira pode axudar.
Baila cos boteiros, androlla terás que probar
e ver os lardeiros estoupar.

Viana do Bolo paraiso tropical
non esquezan visitar.
Deixa a rutina, necesitar desfasar
e aquí temos festa a rachar.

Agradecemos aos nosos maiores
por ensinarnos todas as tradiciois.
Sachamos hortas e plantamos patacas
temos cochos, pitas, ovellas e vacas.
Facemos viño, herbas e licor café,
que nas xeadas axudan a quecer.
Collemos bullotes e buscamos choupís
comida e bebida hai para repartir.

Aquí todo o mundo saluda pola acera
poderás cruzarte co noso amigo Sera.
Se paseas polo Cabo da Vila
vai pola torre do homenaxe de visita.
En tarde de futbol, se marca o Viana
berramos máis que un cocho na matanza.
Bebemos turbio, comemos carne asada
principio dunha enorme noite de liada.

Se queres festa aquí imos sobrados
San Roque, etroido e vendimas de Punxeiro
E nas orquestas volcamos o camión
pero cuidado cos peixes do pilón.
52 aldeas con festas de patrón
todas moi boas, a cada cal mellor
pero non collas o coche despois de beber viño
sobre todo no cruce de Vilariño.
Sigue o consello de todos os veciños
Visita o noso paraiso
TROPICAL!

As veces somos raros, somos seres irracionais
non facemos nada normal.
A nevoa do embalse atacanos polas mañás
e fainos tolear.

Viana do Bolo paraiso tropical
non esquezan visitar.
Deixa a rutina, necesitar desfasar
e aquí temos festa a rachar.


Material cedido por Matías Diéguez

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total