Traductor

Cantiga heiche de contar un conto



HEICHE DE CONTAR UN CONTO

Heiche de contar un conto
un conto de mil mentiras
heiche de contar un conto
un conto tódo los días
un conto tódo los días,
ai, la, le, lo, ai la, la, la

E no medio
no medio de ría
ó compás
ó compás dos cantares,
o ventiño que viña de lonxe
víñache á ventana petare
víñache á ventana petare
ai, la, le, lo, ai la, la, la

O labrador quer arado
o mariñeiro quer bote
a rapaciña quer noivo
que traballe e teña dote
ai, la, le, lo, ai la, la, la

Non sei que ten o canteiro
non sei que ten que non canta
anda derredor da pedra
e-a pedra non se levanta
e-a pedra non se levanta
ai, la, le, lo, ai la, la, la

Ei de beber auga santa
na fontiña dos teus ollos
porque son tan bonitiños
que volven ós homes tolos
que volven ós homes tolos
ai, la, le, lo, ai la, la, la


A misma cantiga de outra zona

Eiche de contar un conto (SOLO)
Un conto de mil mentiras
Eiche de contar un conto
Un conto todos os días
Ai lalelo ai-la ai lalalo.

E no medio no medio da ría
Ao compás ao compás do cantare
O ventiño que viña de lonxe (SOLO)
Iba-lle a ventana a petare
Iba-lle a ventana a petare
Ai lalelo ai-la ai lalalo.

E outro en Vilagarcía (SOLO)
Teño un amor en Rianxo
E outro en Vilagarcía
Para ver os meus amores
Teño que cruza-la ría
Teño que cruza-la ría
Teño que cruza-la ría
Teño un amor en Rianxo
E outro en Vilagarcía.

Non canta na cha ninguén (SOLO)
Por eso o meu carro canta
Canta o seu eixo tan ben
Que-a señardade me espanta.

Non canta na cha ninguén (CORO)
Por eso o meu carro canta
Canta o seu eixo tan ben
Que-a señardade me espanta

Non hai canto tan fermoso (SOLO)
Fino como un asubío
An-que as vegadas saudoso
Faise no ar rechouchío.

Non canta na cha ninguén (CORO)
Por eso o meu carro canta
Canta o seu eixo tamén
Que-a señardade me espanta.

E no medio no medio da ría (CORO)
Ao compás ao compás do cantare
O ventiño que viña de lonxe
Iba-lle a ventana a petare
Iba-lle a ventana a petare
Ai lalelo ai-la ai lalalo } 

Moitas gracias a Aurelio García pola sua contribución

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total