Traductor

1ª Feira do libro Viana


1ª Feira do libro en Viana
O día vinte e tres sábado coincidindo co día do libro celebrar en Viana a primeira feira do libro novo e de ocasión.

A afluencia de publico para ser a primeira que se fai non estivo mal, había catro casetas, onde podiamos atopar libros de moi variados estilos: poesía, narrativa, aventuras, policíacos, misterio, terror, etc e de moitos prezos e todos eles cun desconto, ademas podiamos atopar cómics, contos e revistas.

Os de ocasión estaban desde tres € e tamén había unha boa variedade deles.



Eu creo que para ser a primeira vez foi moi positivo. Ademas falando con algún dos libreiros dixéronme que as vendas non estiveron mal, que o publico a pesar de que nun principio o día non acompañaba moito, asistiu bastante.



Comentando con este libreiro chegamos os dous á mesma conclusión, que todas estas iniciativas que teñen que ver coa cultura e dentro dela a lectura, son moi positivas pois os nosos mozos están a perder a afección á lectura, a condición de que non sexa ler en facebook ou whatsapp.




Por iso estas iniciativas son tan importantes, pois a lectura fainos desenvolver a mente e a imaxinación, que boa falta fainos cos tempos que nos tocaron vivir.



Un pobo que le é un pobo culto e cando un pobo é culto non é fácil manipulalo nin enganalo.



A nosa contribución á primeira feira do libro de Viana

Comentarios

Publicar un comentario

Deixe a súa opinión

Entradas populares

Vistas de página en total