Un viaxe ao Século XII
San Pedro de Rocas un retorno o pasado, un viaxe a o século XII
-
Xa
vos falei deste lugar da Ribeira Sacra na sección Galicia Maxica.
-
Se
antes merecía a pena visitalo agora, é como facer unha viaxe ao
pasado.
-
Unha
iniciativa estupenda, encima gratuíta, do 6 de agosto ao 17 de
setembro.
Tal como avanzaron na presentación a trama das visitas remóntase ao século XII cando un cabaleiro medieval busca sosego espiritual no mosteiro. En soños, a figura dun dos seus lendarios monxes sérvelle de guía para facer un percorrido pola historia dun cenobio singular e os seus moradores. A representación consta de aproximadamente sete escenas, e a clave destas visitas é “a interactuación, para que os espectadores coñezan máis o conxunto, a súa historia, e a cultura galega, cunha duración aproximada de 55 minutos, nas que poderán participar en cada representación un grupo de 25 persoas”, dixo Darío Ángel Rodríguez.
Os interesados en asistir a estas visitas, poderán facelo de forma gratuíta inscribíndose previamente no Concello de Esgos (988 29 00 00), ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel (988 31 78 95).
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión