Comida de Veciños no Castro
Comida de Veciños no Castro, Viana do Bolo
Toda a comida preparouse no forno do pobo, restaurado hai pouco, alí fixéronse as empanadas, unha de bonito outra de carne de porco e a outra de carne de tenreira, o pan caseiro. Asáronse dous cordeiros, todo iso acompañado de viño de casa, refrescos prostres a base de torta de queixo e bica o seu café e o seu licor café.
O ambiente foi distendido e de boa veciñanza, pasamos unha velada a gusto e charlando uns con outros ao acabar a comida empezouse a contar anécdotas de tempos atrás.
Algún dos presentes púxolle nome á comida “I Comida do Boi do Castro”, emprazaronse todos a realizar outra para comezos do ano que vén.
GALERÍA DE FOTOS
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión