Estragada a festa de Penouta o segundo día
Estragada a festa de Penouta, debido á tormenta que cayo o 25 pola noite.
-
O
24 a festa desenvolver sen incidencias, acudiu moita xente á misa e
á festa.
-
Actuou
o 24 a Orquestra Royal
-
O
25 houbo procesión por todo o pobo, acudiu moita xente e á misa
tamén.
-
Pola
noite actuou o grupo Garibaldi, que foi cando sucederon os feitos.
O día 25 empezou cunha procesión por todo o pobo, á cal acudiu bastante xente, ía tocando na procesión unha banda de gaitas e bombos. Ao finalizar a procesión na sesión vermut toco a Charanga Os Bertolini.
Pola tarde tiveron a festa da escuma e inchables gratis durante dúas horas, pola tarde noite empezou a súa actuación o grupo Garibaldi e case cando estaban a piques de acabar o primeiro pase para ir cear, en pouco intre cayo unha tormenta de auga e vento moi forte que ocasiono desfeitas no palco e o seu equipo de música, rompeulles varios órganos, a batería ou partes do escenario.
Por sorte os danos só foron materiais a pesar de que un do equipo sufriu un golpe na cabeza, en todo momento os membros da comisión de festas botáronlle unha man segundo palabras dos membros do grupo.
Foi un lamentable suceso porque iso ocasiono que se tivese que suspender a festa, a xente perdeuse a actuación estupenda deste grupo que ademas ten un show estupendo. A xente tívose que meter debaixo do escenario na carpa da orquestra e na carpa da cantina, tendo que pechar as cortinas dos laterais polo vento que zurraba a auga cara ao interior, en poucos minutos toda a xente púxose empapadisima de auga pola forza coa que caía.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión