A derradeira folla MV
Ocúrreseme agora que non caben
as horas neste día.
Agora, que caeu a derradeira folla
da maceira e aínda están
por recoller tódalas outras que caeron,
e non caben, non van caber nas horas tantas follas
barridas polo vento.
Non quixera
desfacerme delas aínda sendo
vellas follas que soan o quebrarse
tanxendo
os meus vellos recordos.
Recolloas a moreas e vounas axuntando
nun recuncho da terra.
Quero plantar encima,
cando este inverno acabe,
unha nova maceira.
Manoli Vicente Fernández
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión