III Festa da Malla Punxeiro 2016
III Festa da Malla en Punxeiro, cun sol de xustiza.
-
Celebrouse hoxe día 6 de agosto a segunda festa da
malla de Punxeiro.
-
Á primeira hora da mañá fíxose a seitura.
-
Despois o resto de labores ata a malla.

Desde
a leira onde estaban a facer a seitura, trasládeme ata o airá onde
ían facer a malla, alí tenia unha cantina, que hoxe co sol que
pegaba era de agradecer, unha cervecita ben fresca a esas horas e coa
calor sentaba estupendamente. Falando coa cantinera coméntome que
aínda non estaba a cousa moi animada pero que esperaba que á hora
do vermut arranxásese. Ao pouco intre chego o carro tirado por un
tractor, oín á xente que dicía que estaría mais guapo tirado por
unha xunta de bueyes ou vacas, polo que dicían fíxose a se porque
se ve que os bueyes tiñan que alugalos e custáballes bastante
diñeiro. Eu creo que a vontade é o que importa e o carro se sabia
que estaba aí, porque cantar cantaba o seu.
Fun baixando para onde facían a comida, alí nun garaxe atopeime coa pulpeira que estaban a preparar un polbo que tenis unha pinta estupenda, dixéronme que estaban á espera de que chegasen os entremeses e a empanada,

Pola tarde despois de comer facían a malla de dúas formas, cos tradicionais e antigos mallos e cunha maquina algo mais moderna de mallar, amenizado por unha charanga, pero desta parte nin teño fotos nin vos podo falar moito, pois non me puiden quedar.
Hai unha ligazón con moitas fotografías onde podedes velas e descargar as que queirades e unha ligazón a un vídeo do evento.
Ata o próximo ano e haber se a xente anímase mais.
GALERIA DE FOTOS
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión