A picadura dun insecto deixa inconsciente a un camioneiro.
A picadura dun insecto deixa inconsciente a un camioneiro.
-
Unha picadura dun insecto puido causar unha catástrofe.
-
O condutor deu parado o camión na beiravia.
-
Tiveron que trasladalo ao hospital de Verin.
Cara ás 20,00 horas de onte, unha patrulla da Garda Civil de Verín observou un camión de transporte de vehículos que ocupaba por completo a beiravía na autovía Rías Baixas (A-52) no punto quilométrico 150 en dirección Benavente- Porriño á altura de Fumaces (Riós).
Segundo informaron do Instituto Armado, os axentes aproximáronse ao vehículo para ver o motivo polo cal se atopaba estacionado nese lugar, ante a sorpresa de que o condutor do camión estaba semiinconsciente na cabina. A patrulla tentou pescudar que lle sucedía e finalmente "o ocupante do vehículo conseguiu balbucear que un insecto coouse na cabina e que lle picou", explicaron desde a Garda Civil.
O condutor é de Toledo, Pedro F.L de 56 anos, e fontes de Tráfico aseguran que nun momento "mesmo chegou a perder a consciencia por culpa da picadura".
Dada a situación, os axentes solicitaron a intervención de carácter urxente dos servizos sanitarios, que se desprazaron ata o lugar cunha ambulancia do 061. O persoal sanitario, tras valorar o estado do condutor, finalmente decidiu trasladalo de inmediato ao Hospital de Verín.
Polo momento, descoñécese que tipo de insecto en concreto foi o que picou ao condutor, aínda que a Garda Civil sostén que puido ser unha avispa.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión