Traductor

Xa empezaron as obras na estrada OU-533


Hoxe xa empezaron as obras en OU-533 empezaron á altura da gasolineira e van fresando a estrada en dirección á Gudiña.














O alcalde sacou un bando dicindo que durante as obras non se pode aparcar na estrada, polo trafico e as obras.

Ir con precaución por Viana mentres duren as obras de asfaltado, facendo caso aos sinais e limitacións de velocidade e aos empregados que están para controlar o trafico.

Entre todos podemos facer que as obras molesten o menos posible.

O anaco de estrada que vai desde a gasolineira ata a ponte xa facialle falta un bo asfaltado, pois había anacos que estaban en moi mal estado, con moitas fochancas.

Maquina Fresando













Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total