Traductor

Recepción do concello ao equipo CD Viana


Recepción do alcalde de Viana Secundino Fernandez Fernandez ao Equipo CD Viana


Onte pola tarde no concello ás 17:00 tivo lugar unha recepción por parte do alcalde, tenente alcalde e concelleiros, na cal recibiron ao equipo de fútbol CD Viana por ser o campión de liga de segunda rexional do grupo dez e ascender a primeira, o alcalde dirixiulles unhas palabras polo seu bo facer este ano.
Acudiron bastantes veciños de Viana, o equipo fixo a presentación oficial da copa de campión e falaron ao publico o equipo técnico, o adestrador e os xogadores. Recibiron unhas placas conmemorativas, sobre o evento.
Había unha mesa con bebidas e comida para os asistentes ao evento.
Despois o equipo tenia unha cea para celebrar a vitoria e o ascenso, no restaurante a Nosa Casa ao que podían acudir tamén os afeccionados que quixesen.
Cando acabo a cea para divertirse un intre por Viana.
Todo isto despois dunha tempada que fixeron moi boa, na que con traballo e garra conseguiron quedar campións, subir a primeira rexional e chegar ás semifinais da copa.
Agora a descansar ata a próxima tempada e a divertirvos que volo merecedes.

¡¡ AUPA VIANA !!
Fotos: Carlos G. Hervella

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total