Aforro no Entroido 2016
A
última edición do Entroido de Viana custou 24.147 € menos aos
vianeses que a do ano 2015. As contas foron anunciadas onte polo
Concello na súa páxina web, reflectindo que o desfasamento entre
custos e ingresos deste ano alcanzou 57.404 €, moi por baixo dos
81.554 do anterior.
O alcalde nacionalista, Secundino Fernández Fernández, atribuíu a diferenza ao aforro conseguido na "Festa dá Androlla". En 2015, cando estaba á fronte do Concello o popular Andrés Montesinos Rodríguez, o evento gastronómico tivo un custo de 82.179 euros. Ese total foi reducido ata os 63.802 euros na última edición.
"Fixemos unha contratación máis axustada e non houbo tanto malgasto respecto de 2015", dixo o alcalde. Tamén argumentou que a eliminación do prato de cordeiro no menú influíu na redución do custo desta festa.
A redución do prezo da entrada, que pasou de 20 a 17 €, repercutiu na minoración dos ingresos, que pasaron de 21.220 a 19.142 €. A pesar diso, Secundino Fernández afirmou que aumentou o número de comensais que pagaron a entrada, limitándose as invitacións aos integrantes da Corporación municipal e aos alcaldes pedáneos.
En todo caso, o rexedor explicou que a diminución dos ingresos procedentes da venda de entradas viuse compensada pola subvención da Deputación provincial, organismo que colaborou con 6.639 €.
Descargar Resolución Subvención en PDF

![]() |
Contas deste ano |
Descargar Resolución Subvención en PDF
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión