Medio Ambiente dá Xunta desenténdese do vertedoiro de Viana
Esta
mañá levantámonos con esta noticia no xornal
LA REGIÓN
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rexeitou calquera responsabilidade e afirmou que a limpeza do lugar correspóndelle ao Concello, por ser da súa propiedade a parcela na que hai anos eran amontoados estes residuos.
Medio Ambiente remitiuse á Lei de Residuos de Galicia, engadindo que esta circunstancia xa foi trasladada ao Concello. A Consellería explicou que este caso é moi distinto ao dos tres depósitos de pneumáticos que eliminará cunha partida de 2,7 millóns de euros, Fene (1.000 toneladas), A Laracha (35.000) e As Somozas (100). A súa implicación xustificouna na relación que a Xunta ten con eses depósitos.
Ao cal o alcade de Viana Secundino Fernandez contesto:
"Non podemos asumir esa partida, pois nos deixaría ou orzamento moi tocado, mais é pouca cousa nos 2,7 millóns que a Xunta destina a outros vertedeiros, nalgún caso de titularidade privada".
Gustaríame aclarar algúns puntos respecto destas noticias:
Non fagan disto unha cuestión política, eu creo que as persoas que vivimos en Viana do Bolo, só pedimos unha solución a este grave problema que temos, sexamos de dereitas de centro ou de esquerdas eu creo que a nosa saúde e as nosas vidas valen mais que todo iso.

-
Primeiro
- A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas deu luz
verde á instalación de dous depósitos aéreos de 33,6 metros
cúbicos, cada un, en febreiro de 2007, cando o vertedoiro de
pneumáticos xa estaba aí. Non se botaron os pneumáticos despois,
xa estaban aí.
-
Segundo
- O actual equipo de goberno do concello neses momentos denuncio a
situación dese vertedoiro preto de onde se iván a poñer os
depósitos de gas, e nos fíxoselles caso e se autorizou a
colocación destes depositos.
-
Terceiro
- Eu creo que se Medio Ambiente da Xunta destina un orzamento para
retirar tres vertedoiros da Coruña, algúns de titularidade
privada, por un importe de 2,7 millóns de €, non seria moito
retirar catro cando o de Viana calcúlase que pode ter un custo
de 30.000 €
-
Cuarto
- O vertedoiro de Viana leva perigos asociados moi importantes, polo
que eu creo deberíanse estudar os perigos a fondo, o de Viana esta
en o centro urbano, con casas á súa ao redor e dous depósitos
de gas de 33,6 metros cúbicos cada un a uns 100 metros mais ou
menos e separados tan só por un valo metálico. Polo cal creo
que o seu perigo, esta ben clara e non deberiamos esperar a que
pasase algo, para non ter que dicir como en Seseña, como puido pasar isto. Agora teñen señores da Conselleria de Medio
Ambiente de poñerlle solución, así como no seu día Industria
cometeu o erro de permitir aí a colocación deses depósitos, agora
vostedes pódeno arranxar.
-
Quinto
- Explíquenme vostedes se hai dous Galicias una de Primeira e
nós de segunda porque iso parece, se non porque aos vertedoiros
primados non lles din aos donos que asuman eles os custos da
retirada dos vertedoiros.
Non fagan disto unha cuestión política, eu creo que as persoas que vivimos en Viana do Bolo, só pedimos unha solución a este grave problema que temos, sexamos de dereitas de centro ou de esquerdas eu creo que a nosa saúde e as nosas vidas valen mais que todo iso.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión