2º premio no certame “Scratch Galicia Aprendo Programando"
Articulo de O Sil
Na
mañá do sábado 25 de xuño, catro alumnos de 1º de ESO do IES
Carlos Casares de Viana do Bolo, recibían o 2º premio na categoría
de Educación Secundaria no concurso “Scratch Galicia Aprendo
Programando” enmarcado no Plan Proxecta da Consellería de
Educación.Gael Ferreiro, Tania RodrÍguez, Yoel Rodríguez e Alejandro García, dirixidos polo titor e profesor de Matemáticas, Juan López, “deseñaron un xogo interactivo a partires de destrezas de programación informática, baseado nun percorrido polo Camino de Santiago, que concluía, tras superar probas de habilidade, coa chegada á Catedral”, explican dende o centro educativo.
A entrega de permios tiña lugar nun acto celebrado no Auditorio de El Corte Inglés en Santiago de Compostela e “supón un pulo á promoción do uso didáctico das TIC que o centro vianés leva desenvolvendo nos últimos anos”, puntualiza o director, Carlos Ferreiro.
Fotos cedidas.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión