"Cheque Bebé" o 2017
O
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves
unha batería de novas medidas de carácter social para mellorar o
«futuro» e atender ás necesidades de nenos e mozos da comunidade.
Entre elas, anunciou a ampliación da Tarxeta Benvida de 100 euros ao
mes por bebé aos que nazan en 2017 e a activación dun bono para o
coidado de nenos enfermos, para que estean atendidos «sen prexudicar
a capacidade dos seus pais para poder traballar» .
Tal e como avanzara no pleno deste mércores, Feijóo anunciou que o Consello da Xunta decidiu empezar a repartir «o superávit de responsabilidade» alcanzado polo cumprimento do déficit “que se traduce nuns ingresos extra para Galicia de 225 millóns de euros”. Aproximadamente «un terzo» destes recursos destinaranse a «mellorar o futuro» dos nenos e mozos en Galicia.
Os outros dous alicerces cos que traballa a Xunta para completar a repartición concretaranse nas próximas semanas en programas ligados coa «mellora» das condicións da sanidade pública, así como axudas para os máis necesitados; e á dotación de «maiores facilidades» para o emprendemento, a dinamización e investimentos produtivas que «sexan rendibles mañá» .
Neste escenario, Feijóo anunciou a ampliación do coñecido como «cheque bebé» e a activación do «Bono Coidado» , pero tamén a inxección de recursos para 7 novas garderías que contribúan a crear 479 prazas que teñen que estar listas en setembro; tamén a execución de obras e mellora de equipamento en escolas infantís; e manter e incrementar a oferta de FP.
Así mesmo, avanzou novas actuacións para «poñer a punto» colexios galegos -en 300--; que se duplicarán todas as bolsas para estudar inglés; a gratuidade do transporte público interurbano metropolitano para todos os galegos menores de idade; e o incremento de prazas para investigadores. «Tentaremos que 300 cerebros queden a investigar na comunidade» , resumiu.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión