Traductor

Viana quere seguridade para os seus rapaces.

Fijaros entre la valla y la acera todo el trozo que hay,
 para hacer un aparcamiento para que paren los buses

Viana solicita un aparcadoiro seguro para os seus autobuses escolares.

  • Nisto como en moitas outras cousas seguen sen facernos caso desde a Xunta de Galicia.

Lin hoxe na rexión unha noticia, sobre un problema que veñen reclamando os pais dos alumnos do IES Carlos Casares e os profesores, unha parada para o bus escolar que sexa segura, antes de arranxar a estrada xa estaba mal, cando se arranxo a estrada estreitar o anaco de cuneta mais, pasando a estar peor.
A estrada sempre a tido moito trafico pero desde hai uns anos moito mais polo paso dos camións que traballan nas obras do AVE, o profesorado dirixiuse varias veces á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A pesar de levar dez anos con esta demanda, non se conseguiu nada.

O AMPA e o actual director do Instituto Carlos Ferreiro, falaron co actual alcalde Secundino Fernández Fernández sobre o problema. O alcalde transmitiunos a esta revista que o ano 2015, dirixíronse o actual equipo de goberno á conselleria de infraestruturas para comunicarlle o problema, no mes de setembro dese ano estivo en Viana vendo o problema persoalmente, sobre o terreo o Xefe Provincial de Estradas, dando por boa a solución que o concello propoñía xunto co profesorado por ser a menos custosa e a mais fácil de realizar.

A solución proposta é facer un aparcadoiro nos xardíns que hai por fóra do valo do instituto, o Xefe provincial comunico ao alcalde que ese ano 2015 non se podería facer a obra por falta de orzamento, que dita obra faríase para o 2016, Secundino Fernández, despois de chamar varias veces para interesarse polo estado da obra só recibiu como contestación que esta pendente de permiso, o ano 2016 esta acabando e a obra segue sen facer.

A día de hoxe no concello non teñen ningunha comunicación oficial de cando esta previsto facer dita obra.


A preocupación desde a asociación de pais, profesores e concello cada día é mais , en palabras do Alcalde Secundino Fernández “ a pesar de haber un sinal de 50 e supoñendo que sexa respectada se se cruza un nen@, non é tan fácil parar a tempo un vehículo grande como un camión que pasan continuamente pola devandita estrada”.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total