Traductor

Campaña de vacinación contra a gripe


A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Galicia o 24 de outubro e durará ata o 23 de decembro.


A iniciativa terá un custo de dous millóns de euros para adquirir 530.000 dose antigripal, das cales máis da metade, 290.000, corresponden á vacina convencional -a que se utiliza para calquera idade a partir dos seis meses de vida- e as restantes, 240.000 dose, para persoas ingresadas en residencias e maiores de 75 anos.
O programa, que foi presentado pola Consellería de Sanidade, pretende reducir o impacto do virus mediante a prevención e haberá 900 puntos de vacinación en todo o territorio galego.


A dose será gratuíta para as persoas con máis de 60 anos e será principalmente fornecida aos colectivos máis vulnerables, como persoas con enfermidades cardiovasculares ou respiratorias e mulleres embarazadas, ademais de persoal sanitario, bombeiros, empregados de centros con enfermos crónicos e policías.


O pasado ano rexistráronse, "máis de 1.700 ingresos" hospitalarios por gripe, dos que a maioría non recibiran inmunización.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total