Traductor

Roubo Múltiple en Viana

Esta mañá baixe ata a Praza Maior de Viana para falar cos propietarios dos comercios afectados polos roubos do pasado xoves de madrugada, case todos perpetrados na praza.



Fun ata a tenda de deportes para falar con eles pero estaba pechada, polo que me comentaron veciños que foi onde os ladróns subtraeron o maior botín ao levar pezas e calzado deportivo, entraron enfronte na barbería Mari Paz, falando co dono coméntome que non levaron material só algún diñeiro que había na caixa e unha hucha que había no mostrador, non fixeron desfeitas no local, só a fechadura da entrada.

Na praza entraron na tenda de roupa Vangarda, coméntome a dona que levaron só un pouco de diñeiro da caixa e unhas cantas carteiras, rebentaron a fechadura da entrada, Entraron na casa de seguros, na panadería da praza debaixo dos soportais tentaron entrar sacaron varios parafusos da fechadura pero ao final desistiron.
Rebentaron a fechadura da reixa da droguería guerra, entrando a roubar, o propietario explícome que lle forzaron a fechadura da enreixado pero a porta de dentro de cristal non estaba forzada, era coma se abrísena con chave, roubáronlle o diñeiro da caixa e unha chea de colonias caras e perfumes.

Comentáronme que entraran na barbería Suso, pero non o puiden confirmar ao non poder falar co propietario.

Onde tamén entraron e roubaron diñeiro e unha chea de lentes de sol foi na Óptica Cid da praza.

Polo que me explicaron os propietarios non andaron rexistrando as tendas, ían directos ás caixas rexistradoras e ao material que tenia fácil venda.

Falando coa propietaria do Milenium coméntome que alí tamén tentaron entrar tentando rebentar a fechadura pero non puideron.

Algúns veciños de Viana dixeronme o molestos que estaban pola pouca importancia que lle deron aos roubos de parte dos medios de comunicación, salio hoxe sábado un pequeno articulo na Rexión.


Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total