Traductor

A Dedaleira branco


Contase que un rapaz de nome Viriato de moi distinguida familia,lograba con unha rapaza chamada Navia de orixe mais ben humilde,polo que os pais do rapaz non tiñan ben considerada tal relación.



Ainda así o mozo que amaba a rapaza porenrriba de todo,nunha noite de inverno e dacordo co cura da sua aldea casou nunha capela privada coa sua amada.
Tal foi o odio que os pais lle colleron,que o botaron da casa cunha Man diante e outra atrás,e decir: sen nada..pero con amor todo se logra.
Durante horas estiveron caminando,hasta que chegaron a outra aldea cando xa a luz das primeiras estrelas comenzaban a brilar.
A primeira casa que chamaron era duns señores moi nomeados na comarca. Pedironlle pousada e traballo,dándose a coincidencia que necesitaban un matrimonio xove para axudar nas labouras da facenda.
E así foi como escomezaron a vida en común,felices por atopar traballo e sostento.
Polo outono xa tiveron unha meniña,mais fermosa que todalas estrelas do firmamento,chamaronlle Navia coma sua nai.Era tal a sua ledicia ,que traballavan a reo para así pasar mais tempo xuntos.Educarona coma mellor princesa do mundo,pero ensinandolle todolos traballos,costumes e tradicións.
Os donos do castelo tiñan unha filma casadeira chamada Brixida e por mala sorte,namorouse perdidamente de Viriato,e por consiguiente odiando profundamente a Navia e a sua filla.
Despois de insinuarselle centos de veces sen resultado, a malvada decidiu matar a Navia,e para conseguir o seu cometido falou cunha feiticeira,que lle preparase un brevaxe letal,e que ninguen poidera descubrir xamais que fora envelenada.
E así foi,nun día que Viriato saira para o monte,fixolle unha tisana e como unha moi boa amiga combidouna a compartir con ela unha merendiña.Tan letal era que o momento de bebelo escomezou a sentirse moi aturdida,lebouna a cama,inda ben non se deitou xa botou o último alento.
Cando Viriato retornou a casa atopouse co tremendo drama da sua vida,tal era a sua dor que choraba día e noite,e a meniña estaba inconsolable; hasta que un serán atopouse cunha pastora que tiña duas cadeliñas,unha delas conxeniou enseguida coa rapaza,chamabase Area,blanca coma neve ,alegre,xoguetona e moi cariñosa.a pastora sabía polo que pasara a meniña,e agasallouna dandolle a Area.
Todo o amor que antes compartia con sua nai,ahora davallelo a cadela e Area devolviallelo con creces.
Brixida logrou consolar a Viriato,tanto e así que lle pediu que casará con el para que Navia non medrara sen nai.Esto era o que buscaba a bruxa e malvada muller,xa despois se encargaria da pequena.
Pasado un tempo ,como vía que Navia era feliz coa cadeliña,convenceu a Viriato que a cadela era perigosa pa rapaza,que lle podía transmitir múltiples enfermedades,que tiñan que desfacerse dela.
Viriato encerrou a Area nunha xaula,pero Navia sempre lle levaba de comer e beber e comunicabase igualmente con ela,metía a man por entre os barrotes e facialle mil carantoñas.A Brixida levaba o demo cada vez que Olalla tal conexión entre ambalasduas,polo que teimou e teimou hasta que deu convencido o seu home que lle había que cortar a man a rapaza porque a tiña infectada da cadela.O inocente cego de amor ou enfeitizado,así o fixo,cortoulle a man dereita a sua filliña.Mais esto non foi impedimento 
pra que Navia lle seguira dando de comer a cadela e acariciaba coa man esquerda,a malvada que viu esto,convenceu o home pra que lle contase a man esquerda.E así o fixo,con toda dor do seu corazón cortoulle a man esquerda a sua amada filma.Navia,chea de desesperación pola cadeliña,como pudo cun braciño apretando contra o outro leboulle a comida a Area,con tan mala sorte que Brixida a viu.Que feitizo usaría para convencer a Viriato que lle cortase os dous brazos por rente??
Dalí a un tempo a rapaciña deuse chegado onda cadela,cando a biu quedou abraiada,estaba nos hosos pero ainda vivía.encolleu comida coa boca e como pudo introducillela na xaula,pero estaba a bruxa mirando.
O día seguinte tentou convencer o seu home que tiña que desfacerse da meniña e da cadela e decir,matalas.
Eso si que non,non había feitizo tan forte..como era ben cediño colleu a meniña e a cadela,meteunas no seron do seu cabalo e foise andando e andando,cruzou montes e vales,ríos e regueiros hasta que chegou a un despeñadeiro chamado a parecida,eli baixounas do cabalo e cos ollos da meniña tapados deixounas a sua sorte,que Deus se apiadara delas e que lle perdoara a el.
Pasadas as horas e rendidas de agardar Deus sabe o que deitaronse no chan unha a caron da outra pa darse calor pois xa corría brisa do nordés.coa boca a cadela sacoulle o pano que tiña tapando os ollos.Entonces foi cando Navia se decatou na situación que se atopaban,abandonadas e sen comida nin posibilidad de conseguila,enton empezou a chorar desconsoladamente,vaixavanlle bagoas a reo,a cadela partiaselle o corazón,lamia e choraba con ela.De supeto polo camiño abaixo viron unha moza fermosisima( pareciase tanto a sua naiciña) pero era imposible que fose ELA pois estivera no seu enterro,ainda recordaba como lle doia a alma cada vez que a Terra caia sobre a caixa,si non tivera eso tan grabado xuraria que estaba vendo a sua nai.
A moza preguntoulle:_ porque choras meu carabel?
Enton a meniña contolle todalas peripecias vividas e como o seu pai seguindo os consellos da mala muller as avandonou daquela maneira.e ahora ELA non era quen de alimentar a sua cadeliña e muto menos ela mesma.
Enton a bela moza pasoulle a Man pola cara,( talmente notou a mesma sensación que cando a sua nai lle lo facia.) e dixolle: 
_ non chores,se fas o que eu che diga non has tardar moito en topar unha gran felicidade.
Navia escoitaba envelesada as palabras daquela moza chegabanlle tan adentro......
_ segura este camiño empedrado que te a levar a un lugar recuncho maxico chamado : o regueiro do ballesteiro,eli atoparas unha fonte ferra que ten poderes moi cortés,xusto o pe da fonte hai unha gran pedra con forma de ferradura,do medio sea unha planta de dedalera blanca,dille a cadela que con xeito colla un dedaliño que o encha da auga desa fonte e logo que cha bote no ombro dereito,a continuación xa ti mesma faras o mesmo no ombro esquerdo.cando remates esto,colles todolas flores da dedalera e estoupalas,sen deixar ningún.Non esquezas nada do que che digo.despois segue o camiño hasta que chegues o río,ali na entrada da mina da moura as atopar outra planta dedalera fermosa,collelas todas e fas un ramo que as deslumbrar a todo o que o vexa.Cruzas o río por unhas pasadas de pedra e sen sairte do camiño segues,sube,vaixa,sube e volve a vaixar hasta que por fin vexas a casa de teu pai,chamas a porta e entregalle o ramo a sua muller,a ninguen mais.a rapaza nese intre duvidou e colleu medo,pero a moza dixolle:_ non teñas medo,a quedar tan abraiada que nunca mais se interpora entre ti e teu pai,e por fin teu pai a espertar de tan fatal pasadelo.
E o decir isto desapareceu.
Pois así o fixo Navia,chamou a Area e seguiron o camiño empedrado,hasta que con gran sorpresa ollou unha gran ferradura de pedra e no medio unha planta de dedalera blanca coma neve,o pe había unha fonte como lle dixera a bela moza,Navia con todo o cariño faloulle a cadela,:soio ti podes faceloArea,colle un dedaliño,encheo de auga e botamo no ombro dereito.
Talmente como si entendera,colleu o dedaliño encheuno de auga,e baleiroullelo no ombro dereito a rapaza.O momento apareceulle o brazo.case cai abraiada o mirar tal prodixio,enton ELA mesma coa Man dereita colleu outra flor,encheuna e botouna no ombro esquerdo co mesmo resultado,apareceulle o brazo.
Esto era a felicidade que me dixo......
Lembrou que tiña que estoupar todalas flores e así o fixo,collias pola punta aberta e " plas" contra Man esquerda,facian moito estupor.
Cando rematou seguiu o camiño hasta chegar o río onde atopou a mina da moura e xusto na entrada había as dedaleras mais fermosas do mundo.blancas ,por dentro mesmo parecia que tiñan pongas de diamantes,había 10, golosinas todas dándose conta que formaban un ramo espectacular.Enton cruzou o río e seguir todo. O camiño tal como lle dixera,hasta que biu a casa de seu pai.
Respirou,e chamou a porta,por sorte abriulle Brixida.
_ Este ramo e pra bostede.
E entregoullo.
Encanto Brixida colleu o ramo,todalas flores se fixeron bermellas,e ELA vía reflexada nelas o sangue que derramara coas suas malvadas hobras.
Din que foi tal a sua impresión,que tirou o ramo o chan estoupando todalas flores a unha,e caendo morta o momento.
A partir daquela,Navia foi feliz coa sua cadeliña e co seu pai.
Comentan que por eso ahora as dedaleras son velenosas e saen sempre bermellas e que fai lle ven o nome de estoupos.
Non queda moi claro quen era a bela moza,cada un saque as suas conclusions.
Eu non sei si e conto,lenda ou moita imaxinacion,o que podo asegurar e que en Quintela a dedalera chamase estoupos e todos son de cor bermello.belos ,belos....





Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total