Traductor

27 de Marzo


Contan que resucitou
e subiu triunfante o ceo,
a dereita se sentou
coa venia de seu pai creo.
Pregunto eu,como os demais;
Porque a terra deixache,
tanta falta como fais
e para o ceo marchache.??
Pola Sagrada pasión
por todolos refuxiados,
eu pido de corazón
que veñas Ti axudalos.
Si tres veces Ti caiche
en tan soio unha xornada,
cantas veces caerán
tantas xornadas andadas.?
Con traballo e moita dor
van camiñando na serra,
porque permites Señor
que os voten da súa terra.?
Eu preguntome Señor
porque a terra deixache,
tanta falta como fais
e para o ceo marchache.

Nieves Fernandez Vidueira

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total